Resolución do 28 de marzo de 2022, do Concello da Coruña, referente á convocatoria para prover varias prazas.
No «Boletín oficial da provincia da Coruña» número 249, do 31 de decembro de 2021, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover:
Vinte e dúas prazas de Técnico/a de Administración Xeral, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Técnica, subgrupo A1, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
Dezasete prazas de Técnico/a Medio/a de Xestión, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Xestión, subgrupo A2, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».