APROBACIÓN DAS BASES PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA O NOMEAMENTO DE FUNCIONARIOS/AS INTERINOS/AS E A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL, NO POSTO DE CONSERXE, DO GRUPO AGP, ESCALA ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA SUBALTERNA, POLO PROCEDEMENTO DE OPOSICIÓN LIBRE.
O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras atópanse publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedelectronica.gal), no taboleiro de anuncios do Concello de Lalín, e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/04/28/2022027313