Modalidade contractual: contrato temporal de duración determinada, a xornada completa, vinculado a programas financiados con fondos europeos, para a realización do proxecto EGI Advanced Computing for EOSC (EGI-ACE) financiado pola Comisión Europea, dentro do Programa europeo Horizon 2020, e regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación, en particular pola disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro.
As bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/).
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.