As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 5 días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, para presentar solicitude, dirixida á Presidencia da Mancomunidade, segundo o anexo II das bases, debidamente datada e asinada. Esta solicitude virá acompañada dos documentos que se sinalan nas bases e se presentará no Rexistro Xeral da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, a través da Sede electrónica (https://mancomunidaddeconcellosdovalminor.sedelectronica.gal) ou en calquera das formas determinadas no art. 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O texto íntegro das bases da convocatoria pode consultarse na Sede electrónica do Mancomunidade, anteriormente citada.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/05/27/2022037023