1.—Nove prazas de administrativo/a de Administración xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala administrativa, integradas no grupo C1 (ofertadas cinco no ano 2020, dúas no ano 2021 e dúas no ano 2022).

2.—Unha praza de enxeñeiro/a de camiños, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior e integrada no grupo A1 (ofertada no ano 2020).

3.—Unha praza de programador/a web, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar e integrada no grupo C1 (ofertada no ano 2021).

4.—Un posto de traballo de mestre/a de modelaxe a tempo parcial, clasificado no grupo A2, por oposición libre (ofertada no ano 2019).

5.—Un posto de traballo de técnico/a de mantemento, clasificado no grupo A2, por oposición libre (ofertada no ano 2021).

6.—Un posto de traballo de subalterno/a de oficios varios, clasificado no grupo E, por oposición libre (ofertada no ano 2019), reservada a persoas con discapacidade intelectual.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/06/10/2022042030