No «Boletín oficial da provincia da Coruña» número 249, do 31 de decembro de 2021, con corrección no número 36, do 22 de febreiro de 2022, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover:
 
Unha praza de Oficial do S.E.I.S., pertencente á escala de Administración Especial, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
 
Tres prazas de Axudante de Cemiterio, pertencentes á escala de Administración Especial, grupo AP, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
 
Unha praza de Técnico/a Superior de Informática, pertencente á escala de Administración Especial, subescala técnica, grupo B, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
Unha praza de Técnico/a Media de Informática, pertencente á escala de Administración Especial, subgrupo A2, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
Unha praza de Técnico/a Superior de Economía, pertencente á escala de Administración Especial, subescala técnica, subgrupo A1, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».