Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

O obxecto do proceso selectivo será cubrir cento vinte (120) prazas, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo C2), correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2021, á cal se acumulan as provenientes da oferta de 2020, segundo se detalla:

– Oferta de emprego público do exercicio 2020, aprobada polo Decreto 225/2020, do 23 de decembro (DOG núm. 260, do 29 de decembro): setenta (70) prazas de acceso libre, das cales seis (6) están reservadas á quenda de persoas con discapacidade.

– Oferta de emprego público do exercicio 2021, aprobada polo Decreto 62/2021, do 8 de abril (DOG núm. 73, do 20 de abril): cincuenta (50) prazas de acceso libre, das cales seis (6) están reservadas á quenda de persoas con discapacidade.

O sistema selectivo será o de oposición.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220627/AnuncioG0597-170622-0004_gl.pdf