No «Boletín Oficial da Provincia de Ourense» número 134, do 13 de xuño de 2022, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover:
Unha praza de Tradutor/a de Lingua Galega; pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Técnico Superior, Subgrupo A1, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
Unha praza de Enxeñeiro/a de obras e servizos provinciais, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Técnico Superior, Subgrupo A1, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
Dúas prazas de Técnicos/as Superiores de Desenvolvemento Local e Recursos Europeos, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase de Labores Especiais, Subgrupo A1, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
Unha praza de Técnico/a Especialista de Desenvolvemento Local e Recursos Europeos, pertencente á escala de Administración Especial, subescala de Servizos Especiais e clase de Labores Especiais, Subgrupo A2, mediante o sistema de concursooposición, en quenda libre.
Unha praza de Oficial Técnico de Obras, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Técnico Auxiliar, Subgrupo C1, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
Unha praza de Técnico/a Auxiliar Agrícola, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Técnico Auxiliar, Subgrupo C1, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
Unha praza de Enxeñeiro/a Técnico/a Forestal, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Técnico Medio, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.
Unha praza de Administrativo/a de Administración Xeral, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa. Subgrupo C1, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.
Unha praza de Técnico Auxiliar de Medio Ambiente, pertencente á escala de Administración Especial, subescala de Servizos Especiais e clase de Labores Especiais, Subgrupo C1, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.
Unha praza de Mestre/a Axudante de Gaita do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema concurso-oposición, en quenda libre.
Tres prazas de Operarios/as sen cualificar pertencentes ao persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre. Se reserva una das prazas á quenda de persoas con diversidade funcional.
Tres prazas de Peóns Agrícolas do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
Tres prazas de Peóns de Camiños do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
Unha praza de Operario/a Construtor de Instrumentos Musicais do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de concurso- oposición, en quenda libre.
Unha praza de Condutor de Maquinaria de Obras Públicas e Vehículos Especiais, do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema concurso-oposición.
Catro prazas de Choferes/esas Especialistas, do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema concurso-oposición.
Catro prazas de Axudante de Obras e Servizos, do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema concurso-oposición. Se reserva una das prazas á quenda de persoas con diversidade funcional.
Dúas prazas de Mecánicos/as, do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema concurso-oposición. Unha praza de Chofer/esa-Operario/a de Recollida de Lixos, do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema concurso-oposición.