Para o acceso á presente Bolsa esixirase calquera das seguintes titulacións:
Para o acceso á presente Bolsa esixirase calquera das seguintes titulacións:
• Técnico/a en coidados Auxiliares de Enfermería ou equivalente
• Técnico/a de Atención Socio-sanitaria ou equivalente
• Certificado de profesionalidade de Atención Socio-sanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais.
• Certificado de profesionalidade de Atención Socio-sanitaria a persoas no domicilio
.• Certificado de habilitación excepcional para o exercicio profesional na categoría de AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR.
• Certificado de habilitación provisional para o exercicio profesional na categoría de AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR.
O prazo de presentación das solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Taboleiro de Anuncios Electrónico e Páxina Web do Concello de Silleda, podendo presentarse no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9 a 14 horas ou nos termos sinalados na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, conforme ao establecido nestas Bases.