BOLSA DE EMPREGO TÉCNICO/A DE EDUCACIÓN INFANTIL

Con data 28/10/2022 por Decreto de Alcaldía, aprobáronse as bases para a formación dunha Bolsa de Emprego coa ocupación de Técnico/a de Educación Infantil, para o Servizo de Atención na Gardería Municipal 0-3 do Concello de A Cañiza.

O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

As bases e demáis documentación se poden consultar no Taboleiro de Anuncios do Concello e na Sede Electrónica Municipal, con acceso a través da dirección electrónica:
http://caniza.sedelectronica.es/board.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/11/14/2022067048