Con data 31/10/2022 por Decreto de Alcaldía, aprobáronse as bases do procedemento de formación dunha Bolsa de Emprego, coa ocupación de Auxiliar Administrativo/a baixo a figura de funcionario/a interino/a.

As bases se poderán consultar no Taboleiro de Anuncios, e máis na Sede Electrónica con acceso a través da páxina Web do Concello: http://caniza.sedelectronica.es/board, unha vez publicado o presente anuncio no BOPPO. Os/as aspirantes teñen un prazo de 10 (dez) días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación efectuada nos Boletíns Oficial da Provincia de Pontevedra, para a presentación de solicitudes e demáis documentación.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/11/14/2022067050