Universidade de Santiago de Compostela
RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2022 pola que se convocan probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de especialista de oficios (xardineiro), grupo IV.1, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral.
O sistema de selección será o de concurso-oposición. No que se refire ás probas e valoracións, axustaranse ao que se especifica no anexo I desta convocatoria.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221209/AnuncioG2018-281122-0001_gl.pdf