Resolución do 12 de decembro de 2022, do Concello de Pontevedra, referente á convocatoria para prover varias prazas. No «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» número 231, do 2 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover:
 
Unha praza de Técnico/a Medio/a pertencente á escala de Administración Xeral, subescala de xestión mediante o sistema de concurso-oposición pola quenda de promoción interna.
 
Seis prazas de Administrativo/a, pertencente á escala da Administración Xeral, subescala Administrativa.
 
Tres prazas serán mediante o sistema de concursooposición pola quenda de promoción interna e tres prazas serán mediante o sistema de oposición pola quenda libre, reservándose una (1) praza para persoas con discapacidade intelectual e unha (1) praza para persoas con discapacidade xeral.
 
Tres prazas de Auxiliar Administrativo/a, pertencente á escala da Administración Xeral, subescala Auxiliar.
 
Dúas prazas serán mediante o sistema de concurso-oposición pola quenda de promoción interna e unha praza será mediante o sistema de oposición pola quenda libre
 
Unha praza de Subalterno/a, pertencente á escala da Administración Xeral, subescala Subalterna mediante o sistema de oposición pola quenda libre.
 
Unha praza de Técnico/a Medio/a no medio Ambiente, pertencente á escala da Administración Especial, subescala Técnica mediante o sistema de oposición pola quenda libre.
 
Unha praza de Cabo, pertencente á escala da Administración Especial, subescala de Servizos Especiais mediante o sistema de concurso-oposición pola quenda de promoción interna.
 
Unha praza de Bombeiro/a-Condutor/a, pertencente á escala da Administración Especial, subescala de Servizos Especiais mediante o sistema de oposición pola quenda libre.
 
Unha praza de Sepultureiro/a, pertencente á escala da Administración Especial, subescala de Servizos Especiais mediante o sistema de oposición pola quenda libre.
 
Unha praza de Oficial Electricista, pertencente á escala da Administración Especial, subescala de Servizos Especiais mediante o sistema de oposición pola quenda libre.
 
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado»