Resolución do 12 de decembro de 2022, da Deputación Provincial de Pontevedra, referente á convocatoria para prover varias prazas.

No «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» número 227, do 28 de novembro de 2022, publicáronse integramente as bases que han de rexer as convocatorias para prover:

Unha praza de Técnica/o de Administración Electrónica, Transparencia e Protección de Datos, pertencente á escala de Administración especial, subescala Técnica, clase superior, grupo A1, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.

Unha praza de Técnica/o Auxiliar de Telecomunicacións, pertencente á escala de Administración especial, subescala Técnica, clase auxiliar, grupo C1, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.

Publicouse, así mesmo, un extracto da convocatoria no «Diario Oficial de Galicia» número 233, do 9 de decembro de 2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado»

https://www.boe.es/boe/dias/2022/12/26/pdfs/BOE-A-2022-22292.pdf