Con data dez de xaneiro de 2023, esta Vicepresidencia resolveu:

1.- Aprobar as bases xerais e específicas, que se anexan a continuación desta proposta, para a selección do persoal funcionario incluído na oferta de emprego público para os anos 2021 e 2022 (primeira fase), e correspondente ás seguintes prazas:

• Dúas de Técnico/a Administración Xeral (acceso libre).

• Unha de Técnico/a Xestión (promoción interna).

• Tres de Administrativo/a (unha de acceso libre e dúas de promoción interna).

• Dúas de Auxiliar administrativo/a (unha de acceso libre e unha de promoción interna).

2.- Proceder á publicación das bases xerais e específicas, que se achegan de seguido, no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e, por remisión, no Diario Oficial de Galicia.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2023/01/24/2023002348