Resolución do 15 de febreiro de 2021, da Deputación Provincial de Pontevedra, referente á convocatoria para prover varias prazas.
No «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» número 1, do 4 de xaneiro de 2021, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para
prover mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre:

Unha praza de Técnica/ou de Xestión Cultural, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica, clase Media, subgrupo A2.
Cinco prazas de Técnica/ou Auxiliar de Gabinete Didáctico, pertencentes ao subgrupo C1.

Publicouse, así mesmo, un extracto da convocatoria no «Diario Oficial de Galicia» número 30, do 15 de febreiro de 2021.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado»

https://www.boe.es/boe/dias/2021/03/01/pdfs/BOE-A-2021-3183.pdf