APROBACIÓN E CONVOCATORIA DAS BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A SELECCIÓN DUN/HA AXENTE LOCAL DE INNOVACIÓN COMO FUNCIONARIO/A INTERINO/A PARA EXECUCIÓN DE PROGRAMA DE CARÁCTER TEMPORAL DENOMINADO INNOVA AMES II, E CREACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO.
As solicitudes para participar no proceso presentaranse conforme ao modelo que figura nas presentes bases, no rexistro xeral do Concello de Ames, en horario de atención ao público (de 09:00 h. a 14:00 h.) ou de xeito telemático na Sede Electrónica do Concello de Ames (https://sede.concellodeames.gal/) ou por calquera dos procedementos que prevé o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de 2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e no prazo de CINCO (5) DÍAS NATURAIS, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Se o derradeiro día fose inhábil o prazo rematará ao seguinte día hábil.
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2023/02/17/2023_0000001008.html