Renfe publicou as bases da convocatoria da Oferta Pública de Emprego (OPE) 2023 que permitirá incorporar a 500 novos operadores/as comerciais de ingreso á compañía, o que supón 125 prazas máis que a oferta de emprego de 2022.
Do total de novos empregos, 430 postos son de ámbito estatal, e os 70 restantes corresponden ao ámbito da comunidade autónoma de Cataluña.
Requisitos específicos:
▪️Titulación académica mínima de Bacharelato ou equivalente
▪️Dispoñibilidade para realizar traballo a quendas
Prazo de admisión de solicitudes: Do 16 de febreiro ao 2 de marzo de 2023, ambos os incluídos.
Inscricións: https://empleo.renfe.com/COM/go/Comercio/8736102/
Información completa: https://www.renfe.com/es/es/grupo-renfe/comunicacion/renfe-al-dia/sala-de-prensa/renfe-convoca-oferta-empleo-publico-para-incorporar-500-nuevos-operadores-comerciales