Universidade de Santiago de Compostela
RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2023 pola que se convocan probas selectivas para o acceso á escala técnica superior de administración, especialidade económica, subgrupo A1, pola quenda de acceso libre.
Convócanse probas selectivas para cubrir dúas (2) prazas na escala técnica superior de administración, especialidade económica, subgrupo A1, da USC, pola quenda de acceso libre.
O sistema de selección das persoas aspirantes será o de concurso-oposición e incluirá a realización dun curso selectivo.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230307/AnuncioG2018-240223-0001_gl.pdf