Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

O obxecto do proceso selectivo será cubrir dez (10) prazas, do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2022, á cal se acumulan as derivadas da oferta de 2020 e 2021, segundo se detalla:

– Oferta de emprego público do exercicio 2020, aprobada polo Decreto 225/2020, do 23 de decembro (DOG núm. 260, do 29 de decembro): catro (4) prazas de acceso libre.

– Oferta de emprego público do exercicio 2021, aprobada polo Decreto 62/2021, do 8 de abril (DOG núm. 73, do 20 de abril): catro (4) prazas de acceso libre.

– Oferta de emprego público do exercicio 2022, aprobada polo Decreto 217/2022, do 22 de decembro (DOG núm. 245, do 27 de decembro): dúas (2) prazas de acceso libre. Resérvanse dúas (2) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230707/AnuncioG0597-050723-0005_gl.pdf