Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

O obxecto do proceso selectivo será cubrir dezaseis (16) prazas, do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2022, segundo se detalla:

– Oferta de emprego público do exercicio 2022, aprobada polo Decreto 217/2022, do 22 de decembro (DOG núm. 245, do 27 de decembro): dezaseis (16) prazas de acceso libre, das que unha (1) se reserva para a quenda de discapacidade.

Resérvanse catro (4) prazas para ser cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230707/AnuncioG0597-050723-0004_gl.pdf