Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística.

O obxecto do proceso selectivo será cubrir sete (7) prazas, do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2020, segundo se detalla:

– Oferta de emprego público do exercicio 2020, aprobada polo Decreto 225/2020, do 23 de decembro (DOG núm. 260, do 29 de decembro): sete (7) prazas de acceso libre, das cales unha (1) se reserva para a quenda de discapacidade.

Resérvanse dúas (2) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230707/AnuncioG0597-050723-0010_gl.pdf