Consellería de Facenda e Administración Pública
RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de orientación laboral.
O obxecto do proceso selectivo será cubrir centro trinta (130) prazas do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de orientación laboral, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2022, segundo se detalla:
– Oferta de emprego público do exercicio 2022, aprobada polo Decreto 217/2022, do 23 de decembro (DOG núm. 260, do 29 de decembro): cento trinta (130) prazas de acceso libre, das cales dezaseis (16) se reservan para a quenda de discapacidade.
Resérvanse trinta e dúas (32) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230707/AnuncioG0597-040723-0002_gl.pdf