Resolución do 27 de xuño de 2023, do Concello de Pontevedra, referente á convocatoria para prover varias prazas. No «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» número 110, do 8 de xuño de 2023, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover:
 
Dúas prazas de Administrativo/a, pertencentes á escala da Administración Xeral, subescala Administrativa mediante o sistema de oposición pola quenda libre, reservándose unha praza para persoas con discapacidade xeral. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».