Resolución do 12 de xullo de 2023, do Concello de Ames (A Coruña), referente á convocatoria para prover unha praza.
 
No «Boletín oficial da provincia da Coruña» número 89, do 11 de maio de 2023, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover: Unha praza de Arquitecto/a técnico, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, mediante o sistema de oposición, en quenda libre. Publicouse así mesmo anuncio da aprobación das citadas bases no «Diario Oficial de Galicia» número 116, do 20 de xuño de 2023.
 
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado»