Esta convocatoria ten por obxecto a provisión definitiva baixo os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, de 58 postos de diversas categorías do cadro de persoal de SEAGA:

  • Técnico/a Superior
  • Técnico/a Medio/a
  • Oficial 2ª Administrativo/a
  • Enxeñeiro/a Técnico/a Agrícola
  • Enxeñeiro/a Técnico/a Forestal
  • Oficial 2ª Administrativo/a
  • Capataz

O procedemento de selección será o de concurso-oposición.

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude de participación, en instancia que figura no ANEXO II desta convocatoria, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte á data de publicación do anuncio indicativo desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Ligazón: https://www.epseaga.com/gl/ofertas-emprego