CONVOCATORIA DE VARIOS PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, INCLUÍDAS NAS OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO DOS ANOS 2022 E 2024 (CPI2024M)

O número de prazas vacantes, a súa denominación e as súas características relaciónanse a continuación:

1.— Tres prazas de técnico/a medio/a de administración xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala de xestión, e integradas no subgrupo A2 (OEP 2022 e 2024).

2.— Encargado/a agrícola gandeiro/a, encadrada na escala de Administración xeral, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no subgrupo C1 (OEP 2022).

3.— Unha praza de oficial/a costureira, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no subgrupo C2 (OEP 2024), (Promoción interna horizontal).

4.— Unha praza de oficial/a carpinteiro/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no subgrupo C2 (OEP 2024).

5.—Unha praza de oficial/a de servizos xerais, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no subgrupo C2 (OEP 2024), (promoción interna horizontal).

6.—Unha praza de oficial/a albanel, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no subgrupo C2 (OEP 2024).

7.—Unha praza de oficial/a de almacén, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no subgrupo C2 (OEP 2024).

8.—Unha praza de oficial/a de lavandería, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no subgrupo C2 (OEP 2024).

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto, e previa publicación do texto íntegro das bases e da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/04/17/2024025402