CONVOCATORIA DE VARIOS PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, INCLUÍDAS NAS OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO DOS ANOS 2020, 2021, 2022, 2023 E 2024 (CL2024M)
O número de prazas de persoal funcionario vacantes, a súa denominación e características relaciónanse a continuación:
1. Cinco prazas de administrativo/a de admón. xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala administrativa e integradas no subgrupo C1 (OEP 2 do 2023 e 3 do 2024)
2. Tres prazas de administrativo/a rama tributaria, encadradas na escala de Administración xeral, subescala administrativa e integradas no subgrupo C1 (OEP2024)
3. Catro prazas de auxiliar de admón. xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala auxiliar e integradas no subgrupo C2 (OEP 1 do 2023 e 3 do 2024)
4. Unha praza de auxiliar de admón. xeral, encadrada na escala de Administración xeral, subescala auxiliar e integradas no subgrupo C2 (OEP2023) reservada a persoas con discapacidade
5. Dúas prazas de traballador/a social, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a e integrada no subgrupo A2 (OEP 2023 e 2024)
6. Sete prazas de técnico/a auxiliar educación diúrna, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliares e integrada no subgrupo C1 (OEP2023 e 2024).
7. Catro prazas de técnico/a auxiliar educación nocturna, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliares e integrada no subgrupo C1 (OEP2023 e 2024)
8. Unha praza de programador de xestión de expedientes, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliares e integrada no subgrupo C1 (OEP2023)
9. Unha praza de técnico/a informático de xestión, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliares e integrada no subgrupo C1 (OEP2023)
10. Unha praza de oficial/a condutor/a maquinista, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no subgrupo C1 (OEP2024)
11. Unha praza de técnico/a de calidade, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliares e integrada no subgrupo C1 (OEP2024)
12. Catro prazas de técnico/a de xestión de residuos, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a, e integradas no grupo A2 (OEP2022)
13. Unha praza de oficial/a carpinteiro, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no subgrupo C2 (OEP2023)
14. Unha praza de oficial/a de mantemento, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no subgrupo C2 (OEP2024)
15. Dúas prazas de oficial de control e vixilancia, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integradas no subgrupo C2 (OEP2023 e 2024)
16. Dúas prazas de oficial/a costureira, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no subgrupo C2 (OEP2022)
17. Dúas prazas de oficial/a de costura e roupeiro, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no subgrupo C2 (OEP2023)
18. Unha praza de operario/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no subgrupo E (OEP2023)
19. Un posto de traballo de auxiliar de atención ó público do Museo, clasificado no grupo C2 (OEP 2021, xa convocado en 2021 e que quedou deserto).
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/04/17/2024025517