BASES XERAIS E ESPECÍFICAS REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE PROCESOS SELECTIVOS PARA A COBERTURA DE PRAZAS VACANTES INCLUÍDAS NAS OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO (OEP) DOS ANOS 2020, 2021 E 2022: 1A FASE DA CONVOCATORIA

As solicitudes dirixiranse ao Alcalde-presidente do Concello de Vigo, no prazo dos 20 días naturais a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio da convocatoria -utilizando o modelo normalizado dispoñible na web municipal www.vigo.org- nos diarios e/ou boletíns oficiais seguintes:

• No Boletín Oficial do Estado (BOE) para persoal funcionario (quenda libre ou por promoción interna) e persoal laboral (quenda libre).

• No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) para persoal laboral (quenda de promoción interna).

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/06/03/2024035546