As bases que rexen este procedemento publicaranse integramente no Boletín oficial da provincia da Coruña, así como no taboleiro de anuncios da Real Filharmonía de Galicia e nas páxinas web da Orquestra RFG (www.rfgalicia.org) e do Consorcio da Cidade de Santiago (www.consorciodesantiago.org).

As solicitudes deberán presentarse no prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao de publicación das presentes bases no Boletín oficial da provincia da Coruña. No caso de que o último día de presentación coincida con sábado, domingo ou festivo, o prazo prorrogarase ata o seguinte día hábil.

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/06/03/2024_0000003756.html