BASES PARA A SELECCIÓN EN PROPIEDADE DUNHA (1) PRAZA DE TRACTORISTA, PERSOAL LABORAL FIXO, DESENVOLVEMENTO DA OEP2024

CARACTERÍSTICAS DO POSTO LABORAL FIXO

Grupo laboral V

Titulación mínima necesaria Sen requirimento de titulación

Dotación do posto 19.036,27 €

A xornada laboral será de 37,5 horas semanais en cómputo anual, cos descansos establecidos legalmente.

As funcións propias do posto obxecto da convocatoria, son as seguintes:

• Condución e manexo do tractor de desbroce, retroexcavadora e vehículos de medioambiente.

• Mantemento básico da maquinaria e vehículos ao seu cargo (engrase, limpeza e reparacións sinxelas)

• Calquera traballo de operario de servizos múltiples cando non se utilice o tractor.

Calquera outra relacionada co posto que lle encomende o seu superior xerárquico.

O prazo de presentación de solicitudes de participación será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/06/04/2024_0000003765.html