BASES ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA, POLA QUENDA LIBRE, PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL FIXO: SEIS PRAZAS DE OPERARIOS/AS DE OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS

As persoas que desexen tomar parte neste proceso selectivo deberán facelo constar mediante unha instancia (anexo II) dirixida ao Sr. Alcalde do Concello de Lalín. A instancia contará, ao menos, cos datos persoais do solicitante, co seu enderezo e nela o aspirante declarará que reúne todos os requisitos necesarios para participar neste proceso selectivo. Os impresos de solicitude, poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Lalín ou pola sede electrónica do mesmo. (lalin.sedelectronica.gal). Tamén o poden presentar nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, durante o prazo de (20) vinte días hábiles a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. Aquelas solicitudes que sexan remitidas por correo ou entregadas en rexistros doutras administracións públicas (dentro do prazo de presentación de solicitudes) deberá remitirse por correo electrónico
(Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) copia da solicitude co selo da data de presentación.

As bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia e na páxina web do Concello: www.lalin.gal 

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/06/07/2024037477