CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE CARÁCTER INTERINO DE TÉCNICOS/AS DE ADMINISTRACIÓN XERAL (A1) NO CONCELLO DE LALÍN.

As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ó Señor Alcalde, presentada no Rexistro Xeral do Concello ou ben na sede electrónica deste Concello (https://lalin.sedeelectrónica.gal), na que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na Base Sétima desta convocatoria, durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

As bases íntegras atópanse publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín
(https://lalin.sedeelectrónica.gal), no taboleiro de anuncios do Concello, e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/06/28/2024044494