Convocatoria e aprobación de bases para selección de persoal para formación dunha bolsa de emprego para auxiliares de axuda no fogar do Concello de Dodro
Requisito xeral:
Estar en posesión, ou en condición de obtelo na data de remate do prazo de presentación de instancias, dalgún dos seguintes títulos ou equivalentes:
· Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería, equivalente ou superior;
· Técnico/a de atención sociosanitaria;
· Técnico/a Superior en Integración Social;
· Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio;
· Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ou equivalente (BOE nº 274 de 16/11/2015).
· Ter solicitado algún dos dous anteriores certificados de profesionalidade e cumprir os requisitos para obtelo.
· Calquera outra habilitación prevista no acordo de 19 de outubro de 2017, polo que se modifica parcialmente o Acordo do Consello territorial do Sistema para a Autonomía e atención a Dependencia de 27 de novembro de 2008, sobre os criterios comúns de acreditación para garantir a calidade dos centros e servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, modificado polo Acordo de 7 de outubro de 2015. (Resolución de 2 de decembro de 2008, da Secretaria de Estado de Política Social, Familias e Atención á Dependencia e á Discapacidade e Resolución de 3 de novembro de 2015, da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade).
As persoas que desexen tomar parte desta selección deberán presentar as súas instancias dirixidas ao Sr. Alcalde-Presidente no modelo que se engade como Anexo I, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Dodro en horario de atención ao público (luns a venres de 9:00 a 14:00 horas) ou por calquera outro medio válido en dereito, recollido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/07/10/2024_0000004801.html