CONVOCATORIA DUN POSTO DE TRABALLO DE PERSOAL LABORAL FIXO DE MESTRE COMPOSTEIRO, INCLUÍDO NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2024

Esta convocatoria ten por obxecto cubrir un posto de traballo de mestre/a composteiro/a, do grupo C2 (ofertado no ano 2024 e correspondente a unha vacante asignada a laboral indefinido por sentenza xudicial firme).

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e do extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/08/05/2024052430