CONSELLERÍA DO MAR

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2024 pola que se dá publicidade da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura temporal por persoal funcionario interino dun posto reservado á escala de mestres/as de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, dependente desta consellería.

Anunciar a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura temporal por persoal funcionario interino dun (1) posto reservado á escala de mestres/as de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, con destino no Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa. As bases e condicións constan na páxina web da Consellería do Mar http://mar.xunta.gal

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240808/AnuncioG0427-310724-0001_gl.pdf