BASES XERAIS DA CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN INTERINA DE 1 ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA PARA O DEPARTAMENTO DO RURAL DO CONCELLO DA ESTRADA (PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO)

As solicitudes deberán presentarse preferentemente por vía electrónica, a través da sede electrónica https://aestrada.sedelectronica.gal/info.0 ou por calquera dos procedementos que prevé o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de 2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Pública. As instancias dirixiranse ao Sr. Alcalde do Excmo. Concello da Estrada, e presentaranse no prazo de 10 DÍAS NATURAIS, contados a partir do día seguinte no que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/10/08/2024065758