“BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA PROVEER UNHA PRAZA DE ARQUITECTO/A TEMPORAL MEDIANTE O SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN NO CONCELLO DE VALGA”
As solicitudes requirindo tomar parte na correspondente proba de acceso, nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas bases xerais que se achegan a este expediente para a praza que se opte, dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello, conforme ao modelo que figurará como ANEXO I das presentes bases, e presentaranse no Rexistro Electrónico Xeneral deste Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de DEZ (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria deste proceso selectivo no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de anuncios desta Corporación.
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/10/22/2024067954