CONVOCATORIA PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN MEDIANTE O SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN, PARA A CONSTITUCIÓN E FUNCIONAMENTO DE BOLSAS DE EMPREGO, PARA A PROVISIÓN TEMPORAL DE NECESIDADES DE PERSOAL, MEDIANTE O NOMEAMENTO DE PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO

Con data 08 de novembro de 2024, por acordo da Xunta de Goberno Local, aprobáronse as Bases para a creación dunha bolsa de emprego, con carácter temporal, do concello de Silleda, mediante o sistema de concurso-oposición para os postos de:

• Condutor/a de camión

• Condutor/a retroexcavadora

• Axudante electricista

• Condutor/a tractor

• Operario/a xardinería

• Animador/a deportivo

• Oficial Albanel

• Operario/a varredor/a

O período de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/11/20/2024072989