No «Boletín Oficial da Provincia de Ourense» número 211, do 30 de outubro de 2024, publicáronse as bases que han de rexer a convocatoria para prover:
Unha praza de Tradutor/a de lingua galega, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Superior, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
Unha praza de Técnico/a especialista en arquivo, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Media, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
Unha praza de Auxiliar de administración xeral, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Auxiliar e clase Auxiliar, mediante o sistema de oposición, en quenda reservada a persoas con discapacidade.
Publicouse, así mesmo, un extracto da convocatoria no «Diario Oficial de Galicia» número 225, do 21 de novembro de 2024.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado»