CONVOCATORIA PARA NOMEAMENTO DE FUNCIONARIADO INTERINO SEN PRAZA PARA A EXECUCIÓN DO PROGRAMA DE CARÁCTER TEMPORAL “PROGRAMA DE COOPERACIÓN TERRITORIAL RÍO MIÑO 2024-2027” CON DESTINO Ó SERVIZO DE COOPERACIÓN

Número e características dos postos convocados

• Un/unha urbanista encadrado no grupo A1-25

• Un/unha dinamizador/a de cooperación territorial, encadrado no grupo A2-23

Os ditos postos teñen asignadas as seguintes retribucións brutas, nas que se inclúe a parte proporcional das pagas extraordinarias:

• Grupo A1: 3.210,16 €/mes

• Grupo A2: 2.774,71 €/mes

O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/12/16/2024081577