CONVOCATORIA DE VARIOS PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL FIXO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, INCLUÍDAS NAS OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO DOS ANOS 2023 E 2024 (CL2024O), QUENDA LIBRE
1. Unha praza de técnico/a de admón. xeral, encadrada na escala de Administración xeral, subescala técnica e integrada no subgrupo A1 (OEP 2023)
2. Un posto de traballo de coordinador/a de difusión e contidos divulgativos, equivalente ao subgrupo A1 (OEP2024)
O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e do extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG).
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/01/23/2025003398