CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL
ORDE do 14 de febreiro de 2025 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).
Convócanse procedementos selectivos, mediante o sistema de concurso-oposición, para cubrir 10 prazas no corpo de inspectores de educación, 1.148 prazas no corpo de profesores de ensino secundario, 426 prazas no corpo de mestres e 80 no corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, situadas no ámbito de xestión esta consellería (código de procedemento ED001A), coa desagregación por especialidades e quendas que a continuación se indican na orde.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250217/AnuncioG0761-100225-0003_gl.pdf