CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A BOLSA DE EMPREGO DE OPERARIOS/AS DE LIMPEZA

As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ó Señor Alcalde, presentada no Rexistro Xeral do Concello ou ben na sede electrónica deste Concello (https://lalin.sedeelectrónica.gal), na que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na Base VII desta convocatoria, durante o prazo de DEZ (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

As bases íntegras atópanse publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedeelectrónica.gal), no taboleiro de anuncios do Concello, e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/02/18/2025006048