SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A COOPERATIVAS AGROGANDEIRAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA INVESTIMENTOS DURANTE O EXERCICIO DE 2025
A porcentaxe máxima subvencionable será do 65 % dos custos subvencionables, sen prexuízo de que sexan compatibles con outras axudas recibidas doutros organismos, e a súa concorrencia en ningún caso poderá superar o custo total do investimento.
Poderá solicitar estas axudas calquera cooperativa agrogandeira legalmente constituída da provincia de Pontevedra.
As entidades beneficiarias non deberán estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da LXS, e deberán estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra.
O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria e do seu extracto no BOPPO e na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS).
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/03/13/2025013320