No «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» número 179, do 13 de setembro de 2024, publicáronse as bases que han de rexer a convocatoria para prover:
- Dúas prazas de Sargenta/o SPEIS, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Servizos especiais e clase Servizo de extinción de incendios, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
- Unha praza de Cabo de extinción de incendios, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Servizos especiais e clase Servizo de extinción de incendios, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
-Tres prazas de Cabo de extinción de incendios, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Servizos especiais e clase Servizo de extinción de incendios, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.
- Sete prazas de Administrativa/o administración xeral, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
- Sete prazas de Administrativa/o administración xeral, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, mediante o sistema de oposición, en quenda de promoción interna.
- Catorce prazas de Auxiliar administración xeral, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Auxiliar, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
- Tres prazas de Auxiliar administración xeral, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Auxiliar, mediante o sistema de oposición, en quenda de promoción interna.
- Cinco prazas de Técnica/o de administración xeral, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Técnica e clase Superior, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
- Unha praza de Técnica/o de administración xeral, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Técnica e clase Superior, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.
- Catro prazas de Oficial coidador, mantemento, vixilancia e control VigoZoo do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de oposición, en quenda libre.
- Dezanove prazas de Oficiais oficios do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de oposición, en quenda libre.
- Dez prazas de Axudante oficios do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de oposición, en quenda libre.
- Catro prazas de Diplomada/o traballos sociais, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Media, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
- Unha praza de Técnica/o de xestión, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Servizos especiais e clase Cometidos especiais, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
- Oito prazas de Subalterno/a, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Subalterna, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
- Unha praza de Operaria/o peón, pertencente á escala de Administración Xeral,subescala Subalterna, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
- Unha praza de Alguacil notificador/a, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Subalterna, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».