CONVOCATORIA POLO PROCEDEMENTO ORDINARIO MEDIANTE OPOSICIÓN LIBRE PARA A SELECCIÓN DUNHA (1) PRAZA DE ORIENTADOR/A LABORAL, FUNCIONARIO/A DE CARREIRA GRUPO A2, ESCALA ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA DO CONCELLO DE LALÍN.

As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ó señor alcalde, presentada no Rexistro Xeral do Concello ou ben na sede electrónica deste Concello (https://lalin.sedeelectrónica.gal), na que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na Base Sétima desta convocatoria, durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

As bases íntegras atópanse publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedeelectrónica.gal), no taboleiro de anuncios do Concello, e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/04/11/2025023249