CONVOCATORIA E BASES DO PROCESO SELECTIVO PSICOLOGO/A CIM DO CONCELLO
A persoa seleccionada será contratada mediante a modalidade de contratación laboral temporal con contrato de interinidade para o desempeño das funcións propias do posto de psicólogo/a e directora do CIM e por un prazo máximo de 3 anos.
As instancias dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello, puidendose presentar no Rexistro Xeral do Concello, no Rexistro Electrónico deste Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOPPO
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/05/08/2025029192