AXENCIA PARA A CALIDADE DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2025 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a obtención da avaliación previa á contratación de profesorado polas universidades do Sistema universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria de 2025 (código de procedemento ED702B)
Poderán presentar a súa solicitude todas aquelas persoas que posúan o título de doutor e non se atopen en ningún dos supostos regulados no artigo 4 da Orde da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, do 17 de setembro de 2009, pola que se regula a avaliación e informe do consorcio ACSUG previos á contratación de profesorado contratado doutor e profesorado de universidade privada.
O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250521/AnuncioO601-090525-0001_gl.pdf