No «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» número 21, do 31 de xaneiro de 2025, publicáronse as bases que han de rexer a convocatoria para prover:
 
Unha praza de Analista informático, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Servizos especiais e clase Cometidos especiais, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
Dúas prazas de Economista, pertencentes á escala de Administración Especial,subescala Técnica e clase Superior, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
Dúas prazas de Enxeñeiro/a de camiños, canles e portos, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Superior, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
Dúas prazas de Enxeñeiro/a industrial, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Superior, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
Unha praza de Enxeñeiro/a de montes, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Superior, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
Unha praza de Delineante, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Auxiliar, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
Unha praza de Diplomado/a en enfermería, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Media, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
Unha praza de Inspector/a control concesionarias, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Servizos especiais e clase Cometidos especiais, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.
 
Dúas prazas de Programador/a informático/a, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Servizos especiais e clase Cometidos especiais, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
Unha praza de Técnico/a auxiliar de seguridade e mobilidade, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Técnica e clase Auxiliar, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
Unha praza de Técnico/a de sistemas, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Superior, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
Dúas prazas de Técnico/a medio/a servizos económicos, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Servizos especiais e clase Cometidos especiais, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
Unha praza de Técnico/a medio/a servizos económicos, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Servizos especiais e clase Cometidos especiais, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.
 
Unha praza de Técnico/a superior actividades culturais e educativas, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Servizos especiais e clase Cometidos especiais, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
Unha praza de Capataz do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
 
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado»